Axudas
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020
Ámbito territorial del GALP Costa da MORTE:
A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.
As labores dos GALP
Os GALP teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. Participación que é a clave do éxito destas accións, xa que garanten o acerto das decisións que se adopten, por canto se coñecerán con detalle cales son as necesidades concretas en cada área. As accións permitirán ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos.
A grandes liñas, o seu labor será:
Integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público.
Dinamizar e desenvolver as accións previstas para cada zona, dende unha perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico.
Elaborar un Plan Estratéxico Zonal (PEZ)
Unha mellora de condicións
Un dos obxectivos prioritarios do Eixe 4 é mellorar o traballo no sector pesqueiro, incentivando a diversificación económica, reorientando os investimentos cara ao sector turístico-pesqueiro, cultural, ambiental, etc.
O obxectivo será manter a poboación nestas rexións (fomentando a substitución xeracional) e lograr con iso a sostibilidade económica a longo prazo. A diversificación económica permitirá mellorar as taxas de crecemento económico e emprego destas zonas e aumentará a capacidade de elección dos traballadores á hora de buscar novas fontes de ingresos.
O plan de actuación
Esta estratexia baséase no fomento de actividades económicas alternativas, como as actividades turístico-pesqueiras (nas que hai que actuar para facilitar a súa posta en marcha e funcionamento por parte das organizacións pesqueiras) e a potenciación das políticas coordinadas sobre turismo e medio natural, así como outras actividades que permitan a diversificación do sector.
Para alcanzar niveis adecuados de desenvolvemento social tamén é necesaria a mellora dos sistemas que promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a promoción da pluriactividade dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais fóra do sector pesqueiro a tempo completo ou a tempo parcial e o desenvolvemento de infraestruturas e servizos para un turismo sostible. Levaranse a cabo actuacións para cumprir outros obxectivos como a interrelación da pesca profesional, a deportiva e a recreativa ou o desenvolvemento de infraestruturas para un turismo sostible relacionado co sector
Diversificación das actividades
Como obxectivo singular proponse así mesmo desenvolver diversas colaboracións científicas e a creación de liñas específicas de I+D+i orientadas á diversificación das actividades económicas que partan das propias zonas en declive. Existe tamén a necesidade de elaborar estudos sobre a capacidade de carga turística do litoral e dos espazos naturais protexidos para garantir a conservación do patrimonio natural, cultural e histórico destas zonas.
¿Quén forma Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte?
Un GALP é un grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad