GDR Terras de Compostela, é unha asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a
sociedade en xeral do seu ámbito territorial
O Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Terras de Compostela, nace no ano 2008 como asociación sen ánimo de lucro e en prol do desenvolvemento económico e social da súa zona de actuación que abrangue 10 concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, A Baña, Negreira e Santa Comba.
A Asociación Terras de Compostela está constituída por entidades do ámbito agrogandeiro/forestal, social, cultural, veciñal, e económico/profesional, Asoc. mulleres e xóvenes do territorio así como polos concellos e actúa como colaboradora de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na tramitación de axudas e como dinamizador e asesor dos promotores do territorio para o programa LEADER GALICIA 2007- 2013
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad