Instituto de Ensino Secundario
O IES Mestre Landín comezou a funcionar no curso 1998-1999. É un instituto de nova creación para dar cabida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do concello de Marín para os que os outros dous centros non tiña espazo.
Nos primeiros anos chamouse IES nº 1 de Marín pero logo acordouse poñerlle o nome dun persoeiro ilustre da vila de Marín. O nome máis votado foi Francisco Landín Pazos (Marín, 1910-1989), coñecido na vila como o "mestre Landín" e que foi director da Banda de Música Municipal a partir de 1948. Ao Mestre Landín debémoslle a fundación en 1960 da primeira Escola de Gaitas de Marín e do coro "Airiños Mareiros" así como una morea de composicións musicais entre as que destaca a coñecida "Xa fun a Marín...".
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad