facebooktwitterpinterest

Reseñas, información para Illa Bufarda

Sobre Nosotros

Illa Bufarda | Produtora creativa | Audiovisual | Fotografía | Animación | Deseño | Formación | www.illabufarda.gal

Historia

Nun punto latitudinal do Mar Cantábrico que coincide cun eixo lonxitudinal do Océano Atlántico, emerxeu no 2012 unha pequena superficie de terra que se deu en chamar Illa Bufarda [ˈiʎa̝ buˈfaɾða̝]. Foi albiscada, no instante no que aflorou, polas súas actuais habitantes: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

O nome deste novo territorio fai referencia ás pequenas xanelas das tradicionais construcións galegas polas que se filtran os raios de luz: as bufardas, a través das cales podemos encadrar historias, imaxes, paisaxes e un sen fin de realidades e ficcións.

Illa Bufarda é un territorio creativo que medra co tempo con cada proxecto que agroma na súa superficie. O seu clima caracterízase durante todo o ano por abundantes tormentas de ideas e temperaturas atmosféricas moi expresivas. O ecosistema é tan diverso en fauna e flora coma os imaxinarios que a transitan.

As habitantes da Illa Bufarda comunícanse principalmente co audiovisual, linguaxe que abrangue tódalas moi diversas expresións: animación, fotografía, deseño... coas técnicas máis acaídas para cada relato.



"Illa Bufarda nace no ano 2012 como un proxecto cultural, sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura dende un eido ben definido: a linguaxe audiovisual. Este proxectoestá integrado por Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades, comunicadoras audiovisuais e especilizadas en animación, deseño e fotografía. Traballamos constantemente na parte creativa con multitude de proxectos formativos, divulgativos, culturais e tamén focados na etnografía audiovisual onde a parte de recolla, arquivo e documentación se volve prioritaria. Dentro das nosas actividades tamén exercemos como docentes nos ámbitos nos que somos profesionais, isto é: fotografía, deseño, audiovisual con grupos moi diversos."
Dirección: Rúa Tomiño, 24, entrechán, 15703 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 97 41 01
Ciudad: Santiago de Compostela
Ruta: Rúa Tomiño, 24, entrechán
Código postal: 15703


Horas laborales

lunes: 08:00 - 14:00

Comenta sobre este lugar

Agregue este mapa a su sitio web;



Nosotros usamos cookies

Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad