FANPAGE https://www.facebook.com/GalizaOficial
Lugo é unha cidade galega, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.
Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.
Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.
O xentilicio dos habitantes de Lugo é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.
A cidade atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño e Rato, que tras xuntarse co Fervedoira forma o río da Chanca, que circunda a cidade polo leste. A diferenza de altitude entre o centro da cidade e as beiras fluviais é considerable, mentres no centro da cidade a altitude é de 465 metros sobre o nivel do mar, no Miño á altura do Paseo Fluvial a altitude é de tan só 364 metros. O concello de Lugo é o segundo máis extenso do país, con 329,78 km² e 59 parroquias.
Cómpre destacar que o contorno da cidade foi declarado Reserva da Biosfera[3] pola UNESCO o 7 de novembro do ano 2002, sendo este recoñecemento o máis importante a nivel internacional en canto á conservación das paisaxes e hábitats desta rexión atlántica europea. Ademais, é de destacar a abondosa fauna arredor do curso do río Miño pola cidade, sobre todo no tocante ás especies de aves. Todo este parque arredor do río abrangue unha ruta de parques duns 30 quilómetros de lonxitude.
Os outros dous ríos que atravesan a cidade son o Fervedoira e o Mera, habendo arredor de ámbolos dous outros importantes parques con diversas especies de árbores.
Clima[editar | editar a fonte]
O clima en Lugo é oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 11,5 °C e as precipitacións abundantes (máis de 1.000 mm ó ano). Con todo, e debido ao seu afastamento do Atlántico, esta cifra de precipitación pode ser considerada baixa en comparanza con comarcas das Rías Baixas ou Santiago. A temperatura máis alta rexistrada na estación meteorolóxica de Lugo Aeroporto, a 15 km do centro da cidade, entre 1985 e 2012, foi de (41,2 °C), rexistrada o 20 de xullo de 1990;[4], sendo a máis baixa de -10,0 °C o 23 de decembro de 2005.[5] En canto a outros datos climáticos, a precipitación máxima rexistrada nun só día (entre 1952 e 2012) foi de 73,8 l/m² e o máximo refacho de vento (entre 1986 e 2012) de 112 km/h.[6]
[agochar]Nuvola apps kweather.png Lugo Aeroporto (445 msnm)
(1971-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 19,2 23,8 27,8 31,8 34,0 36,4 41,2 40,8 37,8 30,6 22,4 23,4
41,2
Temperatura máxima media (°C) 10,1 11,7 14,0 14,8 17,8 20,8 23,6 24,1 22,3 17,7 13,3 10,8
16,8
Temperatura media (°C) 5,8 6,9 8,4 9,6 12,3 15,2 17,7 18,0 16,1 12,4 8,8 6,9
11,5
Temperatura mínima media (°C) 1,5 2,2 2,7 4,4 6,8 9,5 11,9 11,8 10,0 7,2 4,3 3,0
6,3
Temperatura mínima absoluta (°C) -9,2 -7.4 -8,2 -4,6 -1,0 1,4 4,2 1,6 0,6 -2,2 -7,4 -10,0
-10,0
Precipitacións (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135
1008
Horas de sol 86 101 143 160 176 216 234 231 172 134 92 79
1821
Humidade relativa media (%) 84 80 76 76 75 75 74 73 75 81 85 84
78
Fonte: AEMET
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación da cidade no ano 2015 era de 98.134 habitantes.[7] En 1842 a cidade contaba con tan só 13.986 habitantes, repartidos en 2.797 fogares. Medio século despois, en 1897 a cidade duplicaría a súa poboación, chegando aos 26.252 habitantes, poboación que se mantivo constante até os anos 1940, cando se chegou aos 41.011. A poboación volveuse a duplicar en 1991, con 83.242 habitantes, que foron medrando sen cesamento até os preto de 100.000 actuais.
Censo total 2015 98.134 habitantes
Menores de 15 anos 13.628 (13.89 %)
Entre 15 e 64 anos 64.299 (65.52 %)
Maiores de 65 anos 20.207 (20.59 %)
En canto á distribución por sexos no ano 2009 o 53,28% da poboación (51.513) son mulleres e o restante 46,72% (45.165) homes. No tocante ao lugar de nacemento, dos 96.678 habitantes cos que conta a cidade, 82.147 (85%) naceron en Galicia. Da restante poboación, 7.265 (7,5%) proceden do resto da Unión Europea, habendo outros 57 da Europa non comunitaria (destacando 25 ucraínos e 15 rusos). Do resto de continentes, o que máis habitantes achega á cidade é América, con 3.105 (3,1%), destacando Brasil; 705 proceden de África, principalmente de Marrocos; 179 de Asia (dos cales 102 son chineses) e un de Oceanía.
Datos demográficos de
Lugo (1842-2010)
Ano Poboación Fogares
1842 13.986 2.797
1897 26.252 6.055
1910 35.889 6.179
1930 32.259 6.363
1940 41.011 8.374
1950 52.093 14.624
1970 63.604 17.267
1981 72.574 21.350
1991 83.242 26.256
2001 88.414 31.111
2011 98.007 40.227
Fonte: INE.[8]
Morfoloxía urbana[editar | editar a fonte]
Barrios[editar | editar a fonte]
Cruceiro na Praza de Santa María.
Institutos en Recatelo.
Entrada de visitantes do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo en A Cheda.
Barrio da Ponte.
Praza de Augas Férreas, na Acea de Olga.
Balneario de Lugo e barrio da Acea de Olga ao fondo.
Fogar de Santa María, no barrio do Carme, fronte a Muralla.
Casas da Fonte dos Ranchos.
A cidade de Lugo componse de numerosos barrios, moitos coa súa propia personalidade e arquitectura, debido á súa construción repartida durante toda a historia da cidade.
Centro - Recinto amurallado
Tamén coñecido como o casco vello, é a zona máis antiga da cidade, que fica dentro da muralla romana. É o centro comercial e administrativo, ademais da zona onde se atopan a meirande parte dos monumentos. Dentro deste barrio está a Praza Maior, centro neurálxico de Lugo e a praza pública máis concorrida. Tamén neste barrio atópase a zona dos viños onde se poden atopar restaurantes e tabernas tradicionais. Hoxe en día está sufrindo unha profunda rehabilitación.
San Roque
Un dos barrios máis céntricos e dos máis antigos da cidade. Conta cunha capela erixida en 1732 por Lucas Ferro Caaveiro. Neste barrio xuraban os bispos gardar os Foros da cidade. Tamén destacan os Xardíns, adicados a Xoán Montes e a residencia de anciáns, que data de 1886.
Recatelo
Tamén barrio do Parque. Esta zona é a máis antiga da cidade fóra do recinto amurallado, onde hai documentación de antigas domus romanas anteriores ao propio recinto defensivo. Este barrio alberga o Parque de Rosalía de Castro, e é ademais o barrio onde se celebran as principais actividades festeiras tanto do San Froilán como do Arde Lucus. Ademais neste barrio atópanse os Xulgados da cidade e numerosas institucións de ensinanza.
A Cheda
Este barrio atópase ás beiras do río Miño, na súa ribeira esquerda. Acolle o campo de fútbol da cidade, un importante centro comercial e o Pazo de Feiras e Exposicións. Seguindo dende este barrio pola beira do río atópase o Balneario de Lugo, onde están as antigas termas romanas da cidade.
A Ponte - San Lázaro
Atópase cruzando a Ponte romana. Neste barrio atópase a igrexa de San Lázaro, que constitúe un fito do Camiño Primitivo de Santiago. Neste barrio atópase o Club Fluvial, un centro recreativo con piscinas e actividades de hostalaría. Ao redor de todos estes barrios a carón do río atopamos un paseo cun percorrido total duns trinta quilómetros,[9] integrando o río Miño na vida dos lucenses. Este espazo verde está considerado como Reserva da Biosfera.
A Tolda
Tamén chamada a Tolda de Castela, chamada así por ter sido lugar de parada de viaxantes de negocios das terras castelás. Atópase na confluencia dos ríos Fervedoira e Miño, preto da zona máis moderna da cidade, a Acea de Olga.
Acea de Olga
Situado na parte sur da cidade, é un dos barrios máis novos de grandes avenidas, e onde se atopa a zona universitaria, que acolle o Campus da Universidade de Santiago. Este barrio foi erixido sobre as antigas aldeas de Fingoi e Magoi, nomes cos que tamén é coñecida esta zona. Neste barrio tamén se atopa a zona coñecida como Augas Férreas, tamén moi preto do Campus.
O Carme
É un barrio moi próximo ao centro urbano, entre a muralla e A Cheda, onde aínda se poden atopar pequenas hortas con leitugas e tomates, a parte de incluso galiñeiros e coelleiras, aínda que este tipo de actividade desaparece pouco a pouco cara unha maior urbanización.
Neste barrio, na Porta Miñá,[10] ao pé da igrexa do Carme ou da Virxe do Camiño, nacía a importante calzada romana Vía XIX do Itinerario de Antonino, en dirección de Iria Flavia e Braga. Xa na época medieval pasaría sobre o camiño su
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad