MARDEFONDO é unha produtora nova que quere presentarse non só no mundo audiovisual senón que quere irromper no panorama cultural galego.
MARDEFONDO é unha produtora nova que quere presentarse non só no mundo audiovisual senón que quere irromper no panorama cultural galego.
A forza e o sentido de este proxecto é dar voz, corpo e forma á cultura que nos rodea e da que queremos ser participes coas nosas creacións.
Buscamos mostrar coa nosa visión os aspectos culturais da nosa realidade, xa sexa a través dos traballos documentais como a través das outras areas nas que nos desenrolamos. Dándolle repercusión a empresas novas e non tan novas que co seu oficio móstranos a paixón por un traballo e unha maneira diferente de facer as cousas.
O outro brazo de MARDEFONDO é a súa editorial, na que se abren espazos a proxectos como a revista de cultura urbana “SinSwell”. Publicación centrada nos deportes e movementos culturais que se dan cita nas nosas rias. Surf, skate, graffitis, concertos e máis teñen o seu voceiro nesta nova revista.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad