Memoria de Salvaterra, en breves
Memoria de Salvaterra é un proxecto creado pola Asociación Lazoiro en colaboración con veciños e veciñas de todas as parroquias, onde levamos preto de dous anos traballando nel e que aínda non ten data de finalización.
Memoria de Salvaterra busca poñer en valor a historia da nosa vila e da nosas parroquias; as súas xentes, as súas paisaxes, as festas, aqueles actos importantes... ou non tanto. Para iso levamos algún tempo percorrendo todas as parroquias buscando imaxes e documentación para posteriormente dixitalizala. Actualmente temos unha base de datos de centos de imaxes dende o ano 1910 con información o máis detallada posible: década, lugar, persoas que saen na foto, a súa historia...
Contamos con preto de 300 imaxes rexistradas con información e centos delas máis que aínda están por procesar, porque isto non ten data de finalización.
Polo camiño tamén atopamos vídeos, folletos e recortes de xornais que teñen que ver coa nosa historia, pero sobre todo atopámonos cunha gran colaboración e participación veciñal.
Queremos das as grazas a todas esas persoas que de forma desinteresada participaron en Memoria de Salvaterra, que confiaron en nós para deixarnos unha parte importante dos seus recordos para dixitalizalos e poñelos en valor.
Grazas a todos e a todas!
Demos a coñecer a nosa historia, démonos a coñecer.
Proxecto Organizado por: Asociación Lazoiro
Colabora: Concello de Salvaterra
Patrocina: Os Foxos (Restaurnte - Taperia), Panadería A BROA, Farmacia Claudia Vidal, Unirpinter, bodegas LA VAL, Publicidad Abril e Áridos do Mendo.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad