MUSEO DO POBO GALEGO
A EXPOSICIÓN PERMANENTE
O Museo conta con salas permanentes dedicadas ao mar, aos oficios, ao campo, ao traxe, á música, ao hábitat e a arquitectura, á sociedade e á prensa e a imprenta. Dispón tamén de seccións de arqueoloxía e de arte. O criterio seguido na súa montaxe pretende conxugar nunha visión de síntese as distintas facetas que definen a cultura de Galicia. Lonxe de encerrar no ámbito físico do museo todo o complexo fenómeno cultural, téntase proporcionar un compendio da diversidade de Galicia, que sirva como referencia para a valoración das distintas manifestacións dentro do conxunto e para impulsar o interese polo coñecemento directo e a procura de alternativas de futuro para a tradición.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad