Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña
NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. NORMAL non é normal. Isto é o normal para nós.
No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. De aí NORMAL. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade escolar, o xermolo, cos edificios de Náutica e de Comercio, do que anos despois sería esta Universidade.
NORMAL, por outro lado, arrastra significados que, desde o punto de vista do proxecto cultural que presentamos, soamente cabe interpretar en clave irónica: norma, regra, sistema, forma previsible ou incluso simetría, isto é, aquilo mesmo que aquí se cuestiona.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad