Panadería Cervela é unha empresa familiar afincada na Estrada que traballa dende 1946 na elaboración de pan e produtos de pastelería
Panadería Cervela é unha empresa familiar afincada no Concello da Estrada que leva traballando dende 1946 na elaboración e comercialización de pan e produtos de repostería, conxugando a tradición e os métodos artesanais coa innovación tecnolóxica.
Conta cun obradoiro de panadería e pastelería na Estrada, na avenida de Pontevedra, dende onde centraliza un proceso de produción e venda que chega a cinco concellos da zona norte da provincia, así como a Santiago de Compostela e a súa contorna.
Panadería Cervela comezou a finais do século pasado unha fase de expansión que segue o seu curso e que lle permite ofrecer máis de 50 referencias de produtos nos concellos da Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Sanxenxo, Santiago de Compostela, Ames e Padrón.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad