O Paralaia é o lugar de referencia en Ortigueira para as persoas amantes do música folk e celta, e as namoradas do Festival de Ortigueira. Pasaron xa polo noso escenario Os d'Abaixo, a Gramola Band, Os Porcoteixos, Böj, Ad Heyra Liti, Os Rebentafoles,
O Paralaia, sito no corazón da vila de Ortigueira, en plena Praza de Isabel II, tense convertido no lugar de referencia para as persoas amantes da música folk, celta e galega, e as namoradas do Festival de Ortigueira.
Posto en marcha o 1 de xullo de 2016 da man dos irmáns Quintiana, Javier e María, polo Paralaia teñen pasado xa grupos de referencia no mundo do folk, coma Os d'Abaixo, Böj, a Gramola Band, Oïma ou Harmonica Creams, entre outros. O Paralaia é tamén un espazo polo que xa pasaron diversos grupos da comarca, como Os Rebentafoles, Troula&Stone, Festa Rachada, Que nin diole, Celia Pía e Cristina Pico, Os Carecos ou Triversión. Ademais, bandas como Ad Heyra Liti ou Cecina de León, e músicos coma Brais Morán, Pablo Seijas e Hugo Torreiro, deixaron tamén xa a súa pegada musical no Paralaia.
O Paralaia é ademais o lugar perfecto en Ortigueira para pasar o tempo de lecer cos teus amigos, amigas e familia!
Esperámosvos #paralaiamente!! ;)
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad