Era unha vez...Playmakers. Axencia que nace da visión dun grupo de idealistas que cren en actividades deportivas e ocio de calidade.
A nosa motivación baséase nas gañas de “querer facer”, de ensinar e no disfrute de traballar coas persoas.
A receita para cada servicio: estudo da situación, deseño da estratexia, organización, planificación e xestión, con profesionalidade e esforzo. Cada cliente e servizo son únicos, por iso a receita sempre cambia, por iso se necesitan os nosos “plus”: creatividade e innovación. E sobre todo, esforzo por conseguir os nosos obxectivos. “Playmakers. We do it”
Playmakers defínese como unha empresa especializada na organización e desenvolvemento de actividades relacionadas co deporte e o ocio.
É unha empresa nova, competente, dinámica, seria, que se esforza por e para garantir resultados aos seus clientes.
Playmakers nace da iniciativa dun equipo constituído por dúas profesionais con distinta formación académica, que ao longo da súa carreira teñen colaborado en diversas organizacións empresariais, nos eidos devanditos.
A oferta de servicios depende dos recursos cos que conta a empresa, sempre pensando no coidado da calidade e do cliente. Polo tanto neste intre, Playmakers céntrase na planificación, organización e xestión de:
- Actividades extraescolares para nenos.
- Actividades físicas e deportivas para adultos.
- Eventos para particulares e empresas: celebracións e excursións.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad