A Asociación Amigos do Porco Celta Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro composta por un grupo de amigos.
A Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, nace no ano 2006 co fin de divulgar e difundir a raza autóctona do Porco Celta para evitar a súa extinción e contribuír a conservar o patrimonio xenético da nosa Comunidade, e desenvolver actividades encamiñadas a fomentar a participación cidadá.
Aínda que o noso ámbito de actuación é fundamentalmente autonómico, non descartamos a participación en calquera evento nacional ou internacional con tal de promocionar esta raza.
A Xunta Directiva está formada polo Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e seis Vocais.
A nosa actividade central do ano é A FESTA GASTRÓNOMICA - CULTURAL DO PORCO CELTA, que se celebra o segundo sábado do mes de agosto en Corcubión (A Coruña).
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad