Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dende o ano 2013. Territorio Declarado pola UNESCO
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de Maio de 2013. A candidatura promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, ten contado co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas entidades asociativas, universidades ou organizacións empresariais e de traballadores.
A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 113.970 ha, que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado.
Os obxectivos da Reserva de Biosfera son:
A conservación da biodiversidade e da diversidade cultural.
Un desenvolvemento social e económico, respectuoso co medio natural.
A consecución dun bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais.
O fomento da participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Incentivar e potenciar as iniciativas ligadas ó turismo sostible.
Situar ó territorio no mapa mundial e dar prestixio ós seus produtos e empresas.
As principais liñas estratéxicas do seu Plan de Xestión, son as seguintes:
- Posta en marcha, Comunicación e Cooperación.
- Entorno Socioeconómico, Emprendemento e Cambio Climático.
- Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.
- Ciencia e desenvolvemento de capacidades.
- Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad