Páxina oficial de TEGA Narón en Facebook.
Terra Galega: Galicia, a nosa forza.
Email Contacto: [email protected]
Os principios ideolóxicos que han de rexer a acción política de Terra Galega son os seguintes:
1) TERRA GALEGA potenciará a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo.
2) TERRA GALEGA defínese como unha forza política democrática, galeguista, dentro do marco da Constitución e do Estatuto da Autonomía, na súa capacidade de unificar nunha soa dirección a forza máis xenuína dos pobos que se organizan dende abaixo, con plena conciencia de responsabilidade compartida. Centrista na búsqueda dos consensos. Progresista nos seus posicionamentos estratéxicos cara o desenvolvemento da nosa sociedade.
3) TERRA GALEGA é un partido que defende a autonomía local, no marco da cooperación e solidaridade para o desenvolvemento de Galicia.
4) TERRA GALEGA asume un concepto de ecoloxismo racional, moderno e imaxinativo que harmonice o progreso económico da nosa terra co mantemento da riqueza do medio natural galego e a calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás.
5) TERRA GALEGA defende as liberdades individuais e colectivas nunha sociedade inspirada nos valores da solidariedade e igualdade dos homes e mulleres con todos os dereitos ao traballo, educación, saúde, vivenda, e servizos sociais sen discriminacións ideolóxicas, sexistas, racistas ou de calquera outro tipo.
6) TERRA GALEGA outorga ao sector público galego peso prioritario en aspectos fundamentais para a sociedade galega,como a sanidade e a educación que deben orientarse á consecución dunha orde social máis xusta e solidaria para asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas.
7) TERRA GALEGA desexa implantar unha organización administrativa moderna e eficaz, que rompa a actual dicotomía inxusta entre a Galicia urbana e a rural, de comarcas prósperas e pobres que marcan diferenzas que compre superar.
8) TERRA GALEGA aposta por vertebrar unha sociedade de economía produtiva e competitiva, sostible, que incentive o esforzo e a creatividade para xerar riqueza e emprego, consolidando un entorno fiscal e laboral que favoreza novas iniciativas empresariais e da defensa das xustas reivindicacións dos traballadores/as e desenvolvemento das que existen para consolidar e fortalecer o estado do benestar.
9) TERRA GALEGA traballa por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre entendendo a política coma un exercicio de servizo as persoas.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad