A Tradescola é un centro de formación especializado na música e no baile tradicional que está xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo.
A Tradescola, naceu no ano 2008 na cidade de Lugo grazas as xestións realizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, converténdose nun centro de formación especializado que conta cunha proposta educativa destinada a que
o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.
Na actualidade conta con mais de 220 alumnos matriculados nas aulas de:
zanfona, acordeón, baile tradicional, gaita, requinta, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión e linguaxe musical.
A maiores das aulas impartidas no centro, coa intención de complementar a formación do alumnado, e no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, a Tradescola imparte cursiños monográficos, concertos didácticos, charlas e realiza outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional como conferencias, exposicións...
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad