Información, orientación e asesoramiento.
Prevención de drogodependencias.
Asistencia a problemas relacionados con drogas legales e ilegales.
A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos comezou a funcionar no ano 1.987 dependendo orgánicamente do Concello de Monforte e funcionalmente da Consellería de Sanidade.
Dende o principio da súa andaina atendeu tanto a dependencia de drogas ilegais, coma alcoholismo, tabaquismo e ludopatías. Ampliando, co paso do tempo, a súa actividade ós ámbitos da prevención e a inserción social.
Dende que se estableceu o rexistro estatístico dos Centros, observouse que a Unidade foi incrementando o número de pacientes atendidos progresivamente, tanto na área sanitaria de Monforte como a do Barco de Valdeorras, onde se rexistra a poboación máis envellecida de Galicia.
Ao mesmo tempo obsérvase un cambio no perfil do usuario e nos hábitos de consumo relacionados cos novos usos de substancias, o que viría dado entre outros motivos, polos diferentes cambios sociais acontecidos neste tempo.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad