Avaliación e identificación de altas capacidades (precoces, talentos e superdotados). U.S.C.
A Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades, como entidade en quen delega o Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, é actualmente un referente no campo da alta capacidade en Galicia e constitúe un dos grupos de investigación máis activos a nivel nacional nesta área de coñecemento.
Somos unha equipa MULTIDISCIPLINAR (psicoloxía, maxisterio, pedagoxía, educación social, educación artística) de carácter aberto, activo e innovador. Consideramos que a profesionalidade e a ética deben primar no exercicio educativo, polo que damos unha importancia especial a calidade das nosas accións.
A nosa actividade resúmese en catro grandes áreas: INVESTIGACIÓN, AVALIACIÓN, DESEÑO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS e FORMACIÓN PARA EDUCADORES.
INVESTIGACIÓN Intervención no desenvolvemento cognitivo, emocional e social en suxeitos con altas capacidades, deseño de probas para detección de talentos matemáticos e verbais, deseño de programas educativos de actuación con suxeitos de altas capacidades e as súas familias, intervención en problemas de conduta. Somos ademáis os referentes nacionáis na METODOLOXÍA SEM elaborada polo profesor Joseph Renzulli.
SERVIZOS Avaliación e identificación de altas capacidades (precoces, talentos e superdotados), intervención en problemas de conduta, desmotivación, concentración, asesoramento a centros, familias, asociacións, cursos de formación.
CONVENIOS E PROXECTOS Convenios con outras entidades e deseño de proxectos educativos, tales como o Concello de A Coruña, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia e a Fundación Barrié.
"Contribuir a atención e integración dos alumnos con Altas Capacidades no sistema educativo, aportando información e recursos científicos de alta calidade"
Dra. Carmen Pomar Tojo (Profesora da Universidade de Santiago de Compostela)
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad