Somos unha cooperativa de traballo asociado promovida por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario.
Os nosos servizos de Intervención socio-comunitaria están dirixidos a entidades, públicas e privadas, e particulares, fundamentándose en tres piares, a participación cidadá, o feminismo e a mediación.
SERVIZOS:
- Participación:
Asesoramento a entidades e colectivos para o deseño e a implementación de metodoloxías participativas.
- Dinamización Comunitaria:
Asesoramento, deseño i execución de plans e accións de dinamización comunitaria.
- Consultoría de xénero:
- Elaboración e avaliación de plans de igualdade de oportunidades.
- Asesoramento para a aplicación da perspectiva de xénero.
- Sensibilización e formación.
- Mediación: Promover e difundir a cultura da mediación a través de:
- Accións formativas.
- Posta en marcha de servizos de mediación nos diferentes eidos (familiar, escolar, comunitaria, empresarial...)
- Realización de mediacións para a xestión de conflictos puntuais.
- Atención e orientación psicolóxica individual e grupal:
Fomento do benestar e desenvolvemento persoal nas diversas etapas vitais.
- Políticas sociais:
Planificación e posta en marcha de servizos de intervención social, dirixidas a entidades públicas e privadas.
- Peritaxe social para procesos xudiciais.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad