A nosa familia fundou no ano 2000 a primeira adega ecolóxica de Galicia, Adega Diego de Lemos, situada no concello de Chantada. Elaboramos o viño ecolóxico Diego de Lemos utilizando uvas das variedades mencía, godello e treixadura. O viño conta coa etiqueta de Agricultura Ecolóxica de Galicia e a denominación de orixe Ribeira Sacra. As nosas plantacións sitúanse na ribeira do río Miño, na marxe de O Saviñao, nunha superficie de 5 hectáreas. A climatoloxía e as particularidades da terra da Ribeira Sacra permítennos obter unha uva de gran calidade. O noso traballo, ao fronte de Adega Diego de Lemos, foi premiado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) na categoría ao mellor produtor de alimentos ecolóxicos.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad