Biblioteca de carácter xeral que ten como obxectivo cubrir as necesidades informativas, educativas, culturais e de ocio dos cidadáns.
A Biblioteca Pública da Coruña, construida de nova planta nun barrio de expansión da cidade, ocupa unha superficie de 5.869 m2 útiles distribuidos en tres plantas.
As noticias máis antigas que se conservan da Biblioteca datan de 1882. Instalada no Instituto de Segunda Enseñanza Eusebio da Guarda, pasou despois a formar parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en 1956. No 1989, o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia.
O 23 de setembro de 1994 modifícase o convenio no que se refire á ubicación da Biblioteca, que pasa desde ese momento ao edificio actual e, o 4 de abril de 1995 engádese a denominación Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés.
Distribución do edificio:
Planta Baixa
. Vestíbulo, control de seguridade e gardarroupa
. Catálogos de acceso en liña-OPACs
. Zona de exposicións e Salón de actos
. Sala de reunións
. Centros de interese
. Sala Infantil-Xuvenil
. Zona de descanso
Planta Primeira
. Sala de préstamo
. Hemeroteca
. Sala de medios audiovisuais
. Aula Web
. Zona de exposicións
. Zona de administración e dirección
Planta Segunda
. Sala de consulta
. Comicteca
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad