O Fórum Metropolitano é un centro do Concello da Coruña aberto á cidadanía no que atoparás espazos que ofrecen servizos sociais e culturais.
O Fórum Metropolitano é unha instalación municipal para a xestión administrativa, para a acción social, con incidencia no ámbito socio-cultural e cun carácter polivalente que integra unha pluralidade de servizos que procuran cubrir necesidades de individuos, familias e grupos sociais da súa zona de influencia (colectivos do barrio) e da cidade, en xeral, facilitar a convivencia e interacción de persoas de diferente formación, afeccións e intereses (integrador da diversidade) e propiciar a cooperación de asociacións e axentes interesados nunha mesma dinámica (integrador do tecido social).
CENTRO DE ACTIVIDADES SOCIAIS E AULAS:
Actividades de formación e de ocupación de tempo libre. Son sede do Programa de Lecer que promove o Concello da Coruña e ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre dos cidadáns levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras e, por outro, permitan realizar unha acción compensatoria que favoreza á poboación con menos recursos formativos, que sirvan para o desenvolvemento de distintas habilidades que procuren a adquisición de capacidades e, por último, que fomenten a convivencia e a sociabilidad das persoas participantes.
CINE
O Fórum dispón de dúas salas, Marilyn Monroe e Fernando Rei, (78 e 74 butacas), programación en VOS, estrea de películas non programadas polas salas comerciais da cidade, ciclos de directores, realizadores, por xénero, por temas
AUDITORIO
Sala de 320 m2 con capacidade para 300 persoas. O auditorio do Fórum Metropolitano acolle unha programación que desenvolve o IMCE pero, tamén, acolle actos promovidos por outros departamentos municipais e é cedido a entidades cidadás que o soliciten para desenvolver as súas actividades. Programación teatral, música, variedades, conferencias, presentacións, mostra de actividades de asociacións e entidades cidadás...
BIBLIOTECA
Consulta en sala, reprografía, préstamo a domicilio de documentos en todos os soportes, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica, e actividades de animación á lectura.
www.coruna.es/bibliotecas
AULA VIRTUAL:
Conta con 13 postos, un adaptado para discapacidades, pantalla táctil para impartición de cursos. Acceso libre con carné da biblioteca durante unha hora diaria. Impártense cursos de alfabetización de maneira continuada.
CMIX : CENTRO MUNICIPAL INFOMACIÓN XUVENIL
Centro de documentación especializado en temas de interese xuvenil, Información xeral sobre calquera cuestión que os mozos poidan formular en persoa, web, por teléfono e en paneis estáticos, expedición do carné novo. Canalizador da información e as iniciativas xuvenís, lugar de encontro e intercambio. http://www.coruna.es/nex
REXISTRO MUNICIPAL:
Información sobre competencias municipais (empadroamento, apertura de locais, licenzas, matriculación de vehículos...) Recepción e tramitación de escritos ao Concello
POLICÍA LOCAL: Información e vixilancia das ordenanzas públicas municipais.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad