
Festa declarada de interese turístico galego que celebra no 2017 o seu 700 aniversario.
No sec. XIV habitaba en Allariz unha poboación xudía respectable, confinada no barrio de Santo Estevo, extramuros, que vivía conxugando un innegable dinamismo económico co acoso provocado pola “oficialidade” cristiá, moradora da cidade amurallada. Chegada a festividade do Corpus, e aproveitando que a procesión do Santísimo necesitaba saír extramuros para achegarse ao convento, era cando aproveitaban os xudeus para desafogaren as súas iras e frustracións, berrando e insultando ao paso da procesión. Contan os cronistas que Xan de Arzúa, un fidalgo alaricano de profundas conviccións relixiosas, decidiu dar fin a esta situación. Chegada a procesión do 1317 montou a lombos dun boi e acompañado por varios criados e cargado de sacos con formigas encabezou a procesión do Corpus. Cando os xudeus apareceron para boicotear o acto, a base de cornadas e chuvia de formigas axotou para sempre os xudeus.
Dende entón e ata 1936, todos os anos polo Corpus saía o Boi en Allariz. Durante a guerra suspendeuse, para despois dela espertar lentamente, apagándose de forma definitiva a finais dos 50, principios dos 60. Dende entón, e segundo palabras de Antonio Blanco, “o Boi vive agochado no corazón dos alaricanos”, ata que en 1983, un grupo de mozos decide recuperar a festa, e o boi volve correr por Allariz, e con el un municipio con orgullo da súa historia e das súas tradicións.
O ascenso en participación, popularidade e proxección pública da festa dende a súa recuperación é espectacular; boa proba disto, son os 9 días de duración actual da festividade e do número de visitantes que se achegan todos os anos polo Corpus Christi a Allariz.
					Rosa Castelá - Allariz
					 118 metros
															
 Personal muy amable e implicado. Muy céntrico. Habitaciones y zonas comunes encantado...
					O Portelo Rura
					 129 metros
															
 Estuvimos hospedados con nuestro perrito. Sitio de diez. Por ponerle una pega, como h...
					Hotel Pallabarro
					 192 metros
															
   				 
					Anxiños
					 252 metros
															
 Muy buena atención y buen asesoramiento con muchos  conocimientos. De forma muy agrad...
					Casa Rural Torre Lombarda
					 298 metros
															
 Es una pena que no esté explotado el sitio más, por lo que allí ahí, digno de ver, li...
					Hostal Alarico
					 467 metros
															
 Me encantó el trato familiar y cercano de la persona que regenta el hostal. La habita...
					Hostal Alarico
					 468 metros
															
   				 
					Hotel Ac Allariz
					 480 metros
															
 Estancia muy agradable, un sitio perfecto para descansar. Tengo que poner un negativo...
					Hostal O Mirador
					 788 metros
															
 Bastante mal la verdad. Fuimos a comer teníamos reservado para las 14:30 y entramos a...
					Casa Rural Vilaboa
					 2 km
															
 Maravilloso lugar !. Su cocina, su relación calidad- precio..., como pocos!; honestos...Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad